domingo, 1 de abril de 2012

Literatura temible.

Transcribo el artículo que ha escrito uno de los críticos más importantes de la literatura gallega, Armando Requeixo. Lo cierto es que no estoy acostumbrado y me puse todo colorado...

Podéis ver el original aquí:
http://armandorequeixo.blogaliza.org/2012/04/01/literatura-temible/

Literatura Temible:

Leo Sombras famentas e outros contos para ler de noite de Jacobo Sánchez-Feijóo nun exemplar que posúe sobregravado na cuberta o rótulo aclaratorio de “2ª Reimpresión”. Positiva nova, sen dúbida. Máxime nun volume que aínda saíu do prelo de Urco Editora hai apenas uns meses e que tivo unha primeira versión, máis reducida, publicada en castelán.
No interior, nove textos de variada natureza: unha novela curta (o autor prefire chamala “conto longo”, mais considero que nin narratolóxica nin estruturalmente pode denominarse así esta narración de sesenta e dúas páxinas) de tema vampírico, “Sombras famentas”, e oito relatos do reverso estraño do (para)real.
“Sombras famentas”, alén da inxeleza na caracterización dos personaxes, situacións e motivos, ten a virtude de tentar presentarnos unha visión menos gasta deste clásico da literatura de terror que é o vampiro. Así, evítase á mantenta volver recrealo como o tradicional chuchasangues transilvano e tamén como o gladiador urbano de Blade, mesmo se sortea o etéreo e glitterizado subproduto Crepúsculo para narrarnos as andanzas dun vampiro psíquico que se alimenta do espírito vital dos humanos comúns.
Canto ás outras oito historias, abalan entre o onírico de “S(ave) O(ur) S(ouls)” e o parabólico bélico de “O anxo exterminador”, pasando polo amoroso obsesivo de “Paixón”, o monstruoso devastador de “Os inimigos do Kaiser”, os asexantes universos paralelos de “A mira”, as patoloxías psíquicas autodestrutivas de “Condenado”, o epistolar homicida de “O funcionamento das cousas” ou o premonitorio espectral de “Volvín”.
Como acontece adoito neste tipo de literatura, as citas e homenaxes a moitos dos grandes do xénero —igual da escrita que do cinema— son abondosas e notorias, constituíndo unha longa lista de referencias entre as que ocuparían lugar senlleiro Stoker, Poe, Lovecraft…
Sombras famentas e outros contos para ler de noite é unha interesante opera prima que nos revela un excelente coñecedor da tradición do xénero terrorífico, amosando, así, a vitalidade desta escrita tamén entre nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Sagaz como una cuchilla, intrépido como un explorador, dices...: